Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui
Last updated 7 months, 2 weeks ago
Last updated 5 months ago
#APEGO: O vindeiro 25 de maio celébrase a V Festa do Apego. +INFO: https://i.gal/w7Q1w
Concello de Ames
O vindeiro 25 de maio celébrase a V Festa do Apego
O Apego é un programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, e contribúe á socialización en galego das crianzas con recursos tanto virtuais como físicos. Apego ofrece…
#NORMALIZACIÓN: Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!”. +INFO: https://i.gal/LqPqO
Concello de Ames
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!”
O obradoiro “En galego, co teu acento!” volve un ano máis para achegar a lingua e a cultura galega a unha parte da veciñanza procedente de fóra de Galicia ou que, por diferentes motivos, non tivo oportunidade de coñecela. Coa colaboración das concellarías…
#CINEMAMIÚDO: Ames procura filmes infantís e xuvenís para a VII edición do certame Cinema miúdo. +INFO: https://i.gal/riETd
Concello de Ames
Ames procura filmes infantís e xuvenís para a VII edición do certame Cinema miúdo
Cinema Miúdo é un certame internacional que dá á rapazada galega a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais e sorprendentes, e de descubrir olladas doutras partes do mundo a través do cinema. O certame, pioneiro en Galicia na proxección de…
#OBRAS: Dótase á brigada municipal cun camión volquete con grúa e cunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. +INFO: https://i.gal/bC2wL
#CONCILIACIÓN: Aberto o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación. +INFO: https://i.gal/jxQpg
#AUDIOVISUAL: Ponse en marcha o Ames AV LAB coa constitución da Comisión de Gobernanza e a aprobación das bases de participación. +INFO: https://i.gal/8bwx8
Concello de Ames
Ponse en marcha o Ames AV LAB coa constitución da Comisión de Gobernanza e a aprobación das bases de participación
Esta mañá botou a andar o Ames AV LAB coa constitución formal da Comisión de Gobernanza, que asegurará un funcionamento efectivo e transparencia en todo o proceso de toma de decisións e xestión. Ademais, abordáronse outros temas como a aprobación do funcionamento…
#OBRAS: Dende o luns 11 de marzo a rúa Pedregal pasa a ter sentido único de circulación para gañar máis de 30 prazas de aparcamento. +INFO: https://i.gal/8miOS
Concello de Ames
Dende o luns 11 de marzo a rúa Pedregal pasa a ter sentido único de circulación para gañar máis de 30 prazas de aparcamento
Dende o luns, 11 de marzo, a rúa do Pedregal, en Bertamiráns, pasará a contar cun só sentido de circulación cara a avenida da Maía, e o espazo sobrante da calzada empregarase para prazas de aparcamento en oblicuo, en substitución do actual aparcamento en…
#DOAZÓNSDESANGUE: A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 11 de marzo en Bertamiráns.
📍 Praza de Chavián
⏰ De 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas
🔴 +INFO: https://i.gal/1DH9F
Concello de Ames
A unidade móbil de doazón de sangue estará o 11 de marzo en Bertamiráns
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue continúa a campaña de doazón de sangue. Deste xeito, a unidade móbil de doazón de sangue estará o luns, 11 de marzo, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario…
#8M: Ames conmemorou o Día Internacional da Muller cun acto institucional na Casa do Concello. +INFO: https://i.gal/VutxW
Concello de Ames
Ames conmemorou o Día Internacional da Muller cun acto institucional na Casa do Concello
A Casa do Concello acolleu esta mañá o acto institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Primeiro deuse lectura ao manifesto institucional do Concello de Ames con motivo do 8M.
#XUVENTUDE: Preséntase o Club de mocidade con diversidade de Ames. +INFO: https://i.gal/1Q1h2
Concello de Ames
Preséntase o Club de mocidade con diversidade de Ames
As concelleiras de Benestar Social, Uxía García, e de Mocidade, Carmen Porto, presentaron esta mañá no salón de Plenos da Casa do Concello, o Club de mocidade con diversidade de Ames, que está estreitamente vinculado ao Club Xuvenil presentado a pasada semana.…
Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui
Last updated 7 months, 2 weeks ago
Last updated 5 months ago