Concello de Ames

Description
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal


Facebook
facebook.com/concellodeames

Instagram
instagram.com/concellodeames

Twitter
twitter.com/concellodeames
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 4 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 1 week, 2 days ago

Last updated 1 year, 2 months ago

1 month ago
***🎥*** Presentación do documental "No habrá …

🎥 Presentación do documental "No habrá paz sin las mujeres" no IES do Milladoiro 🎥
O pasado venres, 24 de xaneiro de 2025, o alumnado de cuarto da ESO do IES do Milladoiro asistiu á estrea do documental "No habrá paz sin las mujeres", producido pola xornalista Patricia Simón e o fotoxornalista e activista Alejandro Zapico. Tras a proxección, Zapico ofreceu unha charla sobre a situación en Palestina, enriquecendo a comprensión do alumnado sobre o tema.
Este documental destaca as violacións dos dereitos humanos que sofren as mulleres palestinas en Cisxordania e analiza a evolución da súa situación na última década.

Tamén está prevista unha exposición fotográfica de Alejandro Zapico. A vindeira semana anunciaranse o lugar e a data de inauguración desta mostra.
Para máis información sobre o proxecto, podes visitar o seguinte enlace: https://lc.cx/fssKQi

1 month ago
***🎭*** Teatro infantil en Ames: “Kyoki” …

🎭 Teatro infantil en Ames: “Kyoki” de Elefante Elegante 🎭
Este venres, 31 de xaneiro, ás 18:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a obra de teatro infantil “Kyoki”, da recoñecida compañía Elefante Elegante. Esta representación está incluída na programación do Ames Cultural e tamén no ciclo Apego 2025.
“Kyoki” é unha obra dirixida a público infantil e familiar, que a través da linguaxe xestual explora temas como a vellez, o esquecemento ou a soidade. Cunha posta en escena chea de xestos e interaccións visuais, invítase a reflexionar sobre a relación entre as persoas coidadoras e aquelas que precisan coidados.
🎟️ Entradas xa dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Máis información: https://lc.cx/rSlb2-

1 month ago
***🌍*** Ames presente en FITUR promocionando …

🌍 Ames presente en FITUR promocionando os Camiños Fisterra-Muxía e Muros-Noia
📅 O alcalde de Ames, Blas García, participou en FITUR 2025 para destacar:
🔹O Camiño Fisterra-Muxía: A campaña O Camiño que remata no mar conecta Santiago co Faro de Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca.
🔹O Camiño da Ría de Muros Noia: Combina peregrinación marítima e 12 km a pé dende Bertamiráns, onde unha escultura sinala o inicio da última etapa.
🌱 Turismo sostible
Ames ofrece rutas de sendeirismo polos ríos Tambre e Sar, un rico patrimonio cultural e iniciativas para conectar núcleos urbanos e rurais.
🌳 Stand galego sostible
O stand de Galicia, elaborado pola empresa amesá Escenoset, inclúe un bosque galego e promove a reutilización de recursos.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/gP2b81

1 month, 1 week ago
***?******✨*** Ames colabora co programa Galicia …

? Ames colabora co programa Galicia Abriga para apoiar mulleres defensoras dos dereitos humanos
O Concello de Ames reafirma o seu compromiso coa solidariedade internacional. A través da Concellaría de Benestar Social, destinouse unha axuda de 2.000 euros para o programa galego de acollida temporal Galicia Abriga, promovido pola entidade Solidariedade Internacional de Galicia.
? Obxectivo do programa:
Proporcionar un espazo seguro e enriquecedor durante tres meses a mulleres que defenden os dereitos humanos en países onde a cooperación galega está presente, fortalecendo as súas capacidades persoais e organizativas.
Este programa non é de asilo ou refuxio, senón unha oportunidade para que estas mulleres poidan descansar, formarse e regresar aos seus países con ferramentas renovadas para continuar o seu labor.
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/HlbgYP

1 month, 1 week ago
***?‍♂️******?*** Abre o prazo para a …

?‍♂️? Abre o prazo para a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre!
? Cando? 23 de febreiro
? Saídas:
Trail longo (16 km): 10.00 h desde Ponte Maceira
Andaina (15 km): 10.05 h desde Ponte Maceira
Trail curto (8 km): 10.25 h desde a praia fluvial de Tapia
? Todas as probas rematan no Real Aeroclub de Santiago.
? Transporte: Autobuses dispoñibles desde o punto de meta ata as saídas, a partir das 8.15 h.
? Participación: Aberto a federados/as e non federados/as.
? Inscricións ata o 19 de febreiro: Andaina e Trail curto: 7 €, Trail longo: 11 €
? Premios e agasallos: Premios para os primeiros clasificados/as e agasallo técnico para todos os participantes.
? Inscrición e máis info: https://lc.cx/JbHd1O

1 month, 1 week ago
O Ministerio de Transportes modifica o …

O Ministerio de Transportes modifica o plan de obra da N-550 a petición do Concello de Ames
? Mantéñense os dous carrís de subida na avenida de Rosalía de Castro ata que rematen os traballos no tramo dirección Padrón-Santiago.
Ante o caos circulatorio provocado polo corte dun carril, o Concello xestionou coa Subdelegación do Goberno e a empresa adxudicataria a modificación do plan de obra.
O alcalde, Blas García, anuncia que:
✔️ Convocarase a Comisión de Seguimento para reorganizar os traballos.
✔️ Mellorarase a sinalización en Rosalía de Castro para optimizar o tráfico.
✔️ O tráfico será desviado pola AG-56 e a rotonda das Galanas.
? Esta obra complexa pode xerar molestias puntuais, pero solucionaranse coa maior brevidade posible.
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PX08vC

1 month, 1 week ago
***?*** Andaina Saudable: Camiño Real de …

? Andaina Saudable: Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía ?
? Cando? Sábado, 25 de xaneiro
?‍♂️ Ruta: 3ª etapa: Vilaserío → Lago (15 km)
? Saídas do autobús:
9:00 h: Casa da Cultura do Milladoiro
9:15 h: Praza do Concello de Bertamiráns
? Inscricións abertas!
? Ata o mércores, 22 de xaneiro, ás 14:00 h
? Cubra o formulario ou escanee o QR no cartel
? Prazas limitadas (50). Prioridade para persoas empadroadas no Concello de Ames.
Gózate desta experiencia única e conéctate coa natureza ?.
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/U2fIpD

1 month, 1 week ago
***?*** Inicio de obras na avenida …

? Inicio de obras na avenida Rosalía de Castro (N-550) ?
? Cando? A partir de mañá martes, 21 de xaneiro
? Tramo afectado:
Dirección Santiago – Padrón
Entre a rotonda da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350).
? Detalles:
Redución a un carril por sentido.
Mantense o acceso ás paradas de autobús e ao núcleo urbano do Milladoiro.
Alternativas recomendadas:
Uso da autovía AG-56 e da VG-1.7 para evitar a travesía do Milladoiro.
Rúas paralelas para traxectos locais.
Conexión ao parque empresarial polo enlace de Biduído.
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/vw72UH

1 month, 1 week ago
***?*** Ames triunfa nos Premios Youtubeiras+ …

? Ames triunfa nos Premios Youtubeiras+ ?
Dous proxectos de Ames, o Exército Mekemeke e Konachadas, son finalistas na oitava edición dos Premios Youtubeiras+, nas categorías de canle de Youtube e canle de Tiktok, respectivamente.
? Estes galardóns recoñecen o talento de creadores de contido en galego e a súa importancia para a normalización da lingua entre as novas xeracións.
? Cando? O 1 de febreiro, ás 19:00 h
? Onde? Pazo da Cultura de Narón
As entradas son gratuítas! Pídense no Pazo da Cultura de Narón, no teléfono 981 102 897 ou no correo [email protected].
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/GNFZrN

3 months, 4 weeks ago
***?️***Ames expón o seu modelo de …

?️Ames expón o seu modelo de planificación de políticas públicas no Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras da USC
?MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ePiuvb

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 4 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 1 week, 2 days ago

Last updated 1 year, 2 months ago