Info A Revolteira

Description
Canle de información de A Revolteira
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 6 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 2 months ago

Last updated 1 year, 4 months ago

1 month, 4 weeks ago

Isto é hoxe! Vémonos esta tarde no cinema da Revol!

2 months, 1 week ago

Tamén, como cada mércores, hai Teatro! Escríbelle a Miguel se queres saber máis!

2 months, 1 week ago

Recordade que isto é hoxe!

4 months, 1 week ago
Atención, comunidade e amizades todas, que …

Atención, comunidade e amizades todas, que este sábado chega cunha grande festa na Revolteira! Es compañeires de Cascarilha, equipa mixta da Liga Gallaecia, organizan este evento que o ten todo: pinchada, karaoke, petiscos, baile e rifa! ??

Pasade, que vai ser boa! E ademais, o recadado pola venda solidaria de libros irá para colaborar con Kris, unha compañeira que ten varias enfermidades raras e precisa os cartos para tratalas ❤️‍?

4 months, 1 week ago
***?******?*** Este **xoves 19** de decembro …

?? Este xoves 19 de decembro teremos a segunda sesión do Clube do Videoxogo

? Para esta xornada propoñemos “De tres al cuarto”, traballo de Deconstructeam que aborda temas como a mediocridade, as expectativas insatisfeitas, a homofobia ou a loita por equilibrar as relacións persoais coas ambicións individuais. Conversaremos acerca destes temas pero tamén de como se crea unha historia a través dun xogo e dos mecanismos dos que fai uso esta proposta.

? Queremos pensar nos videoxogos porque son un dos produtos culturais da nosa época pero sobre todo porque son unha marabillosa ferramenta para pensarnos, reflexionar sobre o noso mundo e imaxinar outros posibles. Con isto na cabeza, recuperamos a idea dun clube de lectura aplicándoo aos xogos. É dicir, reunímonos para falar daquilo que xogamos, pensando nas mensaxes que nos transmiten e no xeito de facelo.

Podedes xogar en https://deconstructeam.itch.io/de-tres-al-cuarto

4 months, 1 week ago
***‼️*** Este xoves, 19 de decembro, …

‼️ Este xoves, 19 de decembro, celebramos a terceira sesión do curso de Introdución á Economía Política Socialista Libertaria

? Desta volta repasaremos as duas sesións anteriores (Introdución á EPL e Economía Política actual), xa que os materiais da terceira palestra ainda non están dispoñibles

? Vémonos ás 19'00

6 months, 2 weeks ago
Elas paran o espolio ***?***

Elas paran o espolio ?

As mulleres protagonizan as loitas e mobilizacións en defensa do territorio e da vida. Vémolo todo o tempo, no noso país e noutras partes do mundo. Pondo o corpo, liderando marchas, enfrontando a rabia colectiva contra a máquina capitalista ⚡️

?? O martes 22 de outubro (19h) escoitaremos as súas voces, aproveitando a visita das dirixentes ecuatorianas que están logrando frear o espolio do Yasuní e o roubo das súas terras. E queremos poñelas en conversa cunha das principais mobilizacións polo territorio na Galiza: a da xente da Ulloa contra a macrolelulosa Altri. Irmás na loita ?

Acompañádenos para escoitar e aprender de Ene, Mónica, Manai e Dayuma. Atopémonos na defensa do territorio!

6 months, 2 weeks ago
Non esquezades o planazo de mañá!

Non esquezades o planazo de mañá!

? O sábado 12 de outubro retomamos as xornadas de traballo na Revolteira. Fican algunhas cousas importantes aínda por amañar e en colectivo é todo máis doado.

? Pero, como non todo é traballar, durante a xornada mesturaremos martelo e martini, taladro e soudsystem, petiscos e parafusos.

? Se queres vir axudar, colle a túa peor roupa e pasa polo local nalgún momento a partir das 12h.

? Ah! e seguimos na procura de luz indirecta (lampariñas, flexos...) e estufiñas, calefactores...

Unha aperta! ?

6 months, 3 weeks ago
***?***Este mércores 9 de outubro poñemos …

?Este mércores 9 de outubro poñemos en marcha os engranaxes da mente no obradoiro de filosofía.

?Nas sesións de traballo adestraremos o pensamento con diferentes exercicios intelectuais a través da maieutica socrática (o diálogo), de forma rigurosa, e enfocándonos nas principais competencias de pensamento.

⚡️Neste contexto, a filosofía xa non é unha actividade académica centrada na historia das ideas. Como conceptualizar, como problematizar, como afondar na comprensión de ideas dadas e, sobre todo, como crear unha situación na que se poida inducir esta actividade, é o obxectivo principal.

?Recrearemos o contexto das antigas escolas filosóficas, ou o gimnasium descrito por Platón, onde se podían cuestionar as ideas dxs demais e ser cuestionadx, non tanto dende o debate, senón máis ben poñendo atención á calidade do pensamento.

Billeteira inversa: ao final do obradoiro, sodes vós os que decidides o valor da experiencia.

6 months, 3 weeks ago
***?️*** Isto é mañá!!!

?️ Isto é mañá!!!

Desde as 20h teremos na Revol unha xornada sobre a situación de #RojavaHoxe.

Contaremos coa voz dunha persoa que reside no Kurdistán, que dará testemuño do que está a acontecer e falará tamén da experiencia de implantación do confederalismo democrático A continuación acolleremos a presentación do colectivo Defend Kurdistan.

? Ao remate, haberá cea vegana para quen queira compartir con nós. Vinde!!!

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 6 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 2 months ago

Last updated 1 year, 4 months ago