Praza.gal

Description
O máis destacado da información de Praza.gal, ao vivo
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 4 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 1 week, 2 days ago

Last updated 1 year, 2 months ago

1 week, 4 days ago
*****🏥******⚖️*** A Xunta deberá indemnizar a …

*🏥*⚖️ A Xunta deberá indemnizar a familia dunha muller que morreu de cancro no hospital por impedirlles visitala ao ter COVID.** A doente, que padecía un tumor terminal, ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo en xaneiro de 2022. Os seus familiares pediron vela nos seus "últimos momentos", pero durante días se lles prohibiu facelo en virtude duns protocolos de actuación que, en realidade, si permitían a visita a pacientes "no final da súa vida". Cando finalmente puideron facelo, a muller xa non era consciente. https://praza.gal/acontece/a-xunta-debera-indemnizar-a-familia-dunha-muller-que-morreu-de-cancro-no-hospital-por-impedirlles-visitala-ao-ter-covid

1 week, 4 days ago
***🎙️******📰******🔎*****Xornalistas "perigosas" reivindican a investigación das …

🎙️📰🔎Xornalistas "perigosas" reivindican a investigación das violencias sexuais e a información internacional. Referentes do xornalismo de investigación como Ana Marcos e Elena Reina, veteranas da información internacional como Anna Bosch, pioneiras como María Escario ou referentes da información en Galicia como María Piñeiro, entre as participantes do encontro que volve ao Teatro Principal de Pontevedra os vindeiros 14 e 15 de marzo
https://praza.gal/acontece/xornalistas-perigosas-reivindican-a-investigacion-das-violencias-sexuais-e-a-informacion-internacional

1 week, 4 days ago
***🎬******🔥******🎥*****'Only on Earth': a vaga de …

🎬🔥🎥'Only on Earth': a vaga de incendios de 2022 en Galicia chega á Berlinale. A cineasta danesa Robin Petré estrea no prestixioso festival berlinés un documental que relata a dura loita contra o lume no sur de Galicia e "reflexiona sobre o fráxil equilibrio do noso mundo natural e sobre as relacións entre humanos e animais"
https://praza.gal/cultura/only-on-earth-a-vaga-de-incendios-de-2022-en-galicia-chega-a-berlinale

2 months, 3 weeks ago
***?******?*****Unha ducia de obras do Museo …

??Unha ducia de obras do Museo de Pontevedra que agora se poden ver na rede. Hai uns días o Museo de Pontevedra publicou na web 25.000 obras da súa colección, uns contidos que na súa maioría non se exponen en sala e que supoñen o 90% do fondo da institución. Entre as pezas, que se poden procurar pola súa autoría, época ou técnica, hai obras pictóricas, escultóricas, elementos arqueolóxicos ou etnográficos. Destacan especialmente algunhas coleccións, coma a que compoñen as obras realizadas por Castelao, que suman 1.795 elementos. Velaquí unha escolma destes fondos
https://praza.gal/ducias/obras-do-museo-de-pontevedra-que-agora-se-poden-ver-na-rede

2 months, 3 weeks ago
***?******?******?***ENTREVISTA | **Elías León Siminiani: "Fascinoume …

???ENTREVISTA | Elías León Siminiani: "Fascinoume a idea de recuperar unha utopía nun tempo de distopía"O documentalista Elías León Siminiani dirixe a serie 'El circo de los muchachos', producida por Vaca Films e Amazon, que xa se pode ver na plataforma de Amazon Prime. A historia do que sucedeu en Benposta narrada de principio a fin, con entrevistas dos xornalistas Marga Pazos e Luís Pardo a moitos daqueles nenos que formaron parte do proxecto do cura Jesús Silva
https://praza.gal/cultura/fascinoume-a-idea-de-recuperar-unha-utopia-nun-tempo-de-distopia

2 months, 3 weeks ago
***?*****Da COTOP á CRTVG: marcas públicas …

?Da COTOP á CRTVG: marcas públicas que marchan tras facer país. Nos anos 80 canda a autonomía naceu unha simboloxía composta por identidades corporativas ligadas ao autogoberno. Algunhas viraron moi populares, caso da CRTVG, que semella encarar a súa recta final. Coa axuda da doutora en Publicidade pola UVigo Mónica Valderrama analizamos as claves da "adaptación aos tempos" en marcas que, como a dos medios públicos, van alén do comercial e implican "sentimento de pertenza"
https://praza.gal/politica/da-cotop-a-crtvg-marcas-publicas-que-marchan-tras-facer-pais

3 months ago
*****?***Pontón revalida liderado e albo estratéxico …

*?Pontón revalida liderado e albo estratéxico no BNG: "Non hai nada máis revolucionario que gobernar"*. A candidatura encabezada pola reelixida portavoz nacional obtivo un 84% de apoio nunha asemblea que avalou cun 92% o labor político da dirección. "Non hai unha tarefa máis urxente e necesaria que acabar co réxime absolutista do PP", subliñou Pontón na clausura do conclave, que outorga á súa lista 16 membros na Executiva, por 2 da liderada por Noa Presas e 1 da que tivo á fronte a Gustavo Barcia https://praza.gal/politica/ponton-revalida-liderado-e-albo-estratexico-no-bng-non-hai-nada-mais-revolucionario-que-gobernar

3 months ago
**Unha gran pandeiretada pecha o Culturgal …

Unha gran pandeiretada pecha o Culturgal 2024, polo que pasaron 12.700 persoas. Durante as tres xornadas pasou polo Pazo da Cultura de Pontevedra o máis destacado da cultura galega, con propostas para todos os públicos (cunha intensa programación para a rapazada) e espazos para todas as artes, dende a literatura á música, pasando polas artes escénicas e plásticas, pero tamén os videoxogos https://praza.gal/cultura/unha-gran-pandeiretada-pecha-o-culturgal-2024-polo-que-pasaron-12700-persoas

3 months ago
**Un estudo da USC observa “fortes …

Un estudo da USC observa “fortes vínculos” entre sexo pagado, pornografía e violencia contra as mulleres. Dous equipos de investigación da Universidade de Santiago levaron a cabo entrevistas con mulleres prostituídas e persoal técnico, ademais de enquisas a entidades sociais. Alertan de que a prostitución na era dixital "trata as mulleres coma obxectos de Amazon" e incrementa a súa deshumanización, o mesmo que o porno, “ao tempo que se reafirma a identidade masculina hexemónica” https://praza.gal/acontece/un-estudo-da-usc-observa-fortes-vinculos-entre-sexo-pagado-pornografia-e-violencia-contra-as-mulleres

3 months, 1 week ago
***?***REPORTAXE | Radiografia do VioGén en …

?REPORTAXE | Radiografia do VioGén en Galicia: camiño dos 60 concellos e co reforzo da atención directa ás vítimas pendente. 5.886 mulleres están protexidas no noso país co sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero a día de hoxe, nun…

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 4 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/category/online/
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]

Last updated 1 week, 2 days ago

Last updated 1 year, 2 months ago