Novas Verdegaia

Description
Canal de novas relacionadas co noso colectivo e redes nas que estamos.
Advertising
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 7 months, 2 weeks ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 1 month ago

Last updated 5 months ago

3 days, 16 hours ago
**25 de maio: Deseucaliptización en Leiro …

25 de maio: Deseucaliptización en Leiro (Rianxo)
#brigadasdeseucaliptizadoras
As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro(en Rianxo) da man do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.
https://www.verdegaia.org/wp/25-de-maio-deseucaliptizacion-en-leiro-rianxo/

1 week, 2 days ago
Galiza sen Gas denuncia a importación …

Galiza sen Gas denuncia a importación de gas fósil mediante Reganosa, que ademais de agravar o cambio climático procede na súa maior parte dunha zona en conflito bélico e de técnicas de extracción extremadamente perigosas co ambiente.

O gas natural licuado (GNL) importado por Galicia durante 2023 a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos procedeu case exclusivamente de Rusia e dos Estados Unidos.
https://www.verdegaia.org/wp/galicia-abastecese-con-gas-fosil-de-guerra-e-de-fracking/

1 week, 4 days ago
As [#brigadasdeseucaliptadoras](?q=%23brigadasdeseucaliptadoras) arribamos á **Comunidade de …

As #brigadasdeseucaliptadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Araño(en Rianxo) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.
https://www.verdegaia.org/wp/11-de-maio-descaciamos-o-arano-rianxo/

1 week, 4 days ago
O domingo 12 de maio as …

O domingo 12 de maio as #brigadasdeseucaliptizadoras voltan con forza o voluntariado ambiental do río Tins, desta volta co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes en todo o tramo urbano da ribeira do río Tins na Serra de Outes. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, pretende eliminar un cento de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata), robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. A acción compleméntase coas realizadas no pasado inverno, coas que se plantaron case 300 árbores e máis dun cento de arbustos na zona de ribeira.
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-4-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-no-rio-tins-outes/

1 week, 4 days ago

Lembra q o día 9 é o último para apoiar o Souto do Futuro:
Apoia as Brigadas en Portugal votando polo proxecto "Souto do Futuro"
En 2022 e 2023 as Brigadas deseucaliptizadoras chegaron a Portugal da man da associação Veredas da Estrela. Desde aquela, Veredas leva traballando arreo no seu "Souto do Futuro", que ven de ser pre-seleccionado como finalista para recibir financiamento da asociación conservacionista EOCA European Outdoor Conservation Association. O proxecto con máis votos de cada categoría recibirá apoio económico para desenvolver o proxecto. Votar levarache menos de 4 minutos!  (O prazo acaba o xoves 9 de maio ás 13:00.)
Co proxeto "A chestnut forest for the future" a Associação Veredas da Estrela vai recuperar un bosque de castiñeiros no Parque Natural da Serra da Estrela afectado por dous incendios consecutivos, restaurar a sua capacidade para atuar como corta-fogo verde, estabilizar os ciclos da água e do solo e fornecer alimentos para a vida salvaxe e para as comunidades. O proxecto irá plantar 6500 árbores, combater a acacia e apoiar o rexenerado natural de millares de árbores presentes. Todo iso mediante o voluntariado das Brigadas e da implicación da comunidade.
Votar é moi simple:
1. Crea unha conta na web da EOCA: https://www.eocaconservation.org/my-account/
2. Completa o código de confirmación que che chegará ao teu email.
3. Ir á categoria "forest", escoller o proxeto “A chestnut forest for the future” e clicar en "vote now": https://www.eocaconservation.org/our-projects/project-voting/forest/
Axúdanos votando en-liña e pedindo ás túas coñecidas para votaren!
VEMO-NOS NO MONTE !!!

EOCA

My account | EOCA | Conservation Funding | Conservation Grants

The European Outdoor Conservation Association ( EOCA ) is a group of European outdoor industry businesses who have come together to provide conservation grants for worldwide projects.

Lembra q o día 9 é o último para apoiar o Souto do Futuro:
1 week, 5 days ago
Ademais, se queres saber máis sobre …

Ademais, se queres saber máis sobre como afectaría este proxecto á comarca da Ulloa, podes inscribirte ao roteiro que o domingo 12 realizaremos pola zona onde está previsto este proxecto. Lembra inscribirte até o día 9 dentro do programa 12 meses/12 saberes #AltriNon https://www.verdegaia.org/wp/12-meses-12-saberes-domingo-12-de-maio-en-palas-de-rei/

2 weeks, 3 days ago
**Galiza coa Palestina, 6 de maio**

Galiza coa Palestina, 6 de maio

O luns 6 de maio haberá novamente concentracións en varias localidades do país.
Stop xenocidio! Desde o río até o mar, Palestina vencerá!
Mar de Lumes, BDS-Galiza, Galiza por Palestina e a Asociación Jenin volven convocar novas concentracións para reclamar o cesamento do fogo en Palestina e que Israel deteña o xenocidio que está a cometer.
https://www.verdegaia.org/wp/galiza-coa-palestina-6-de-maio/

2 weeks, 3 days ago
**Comunicado de condena e rexeitamento á …

Comunicado de condena e rexeitamento á agresión contra unha menor saharauí
É con profunda indignación e repudio que a comunidade saharauí en Galicia condena enerxicamente o vergoñento e desprezable acto de agresión perpetrado por un individuo, de nacionalidade marroquí, durante unha manifestación propalestina en Lugo contra unha menor saharauí (o día 21 de abril de 2024).
Sumámonos ao comunicado de repulsa da Comunidade Saharauí na Galiza
https://www.verdegaia.org/wp/comunicado-de-condena-e-rexeitamento-a-agresion-contra-unha-menor-saharaui/

2 weeks, 5 days ago
**Domingo 5 de maio: eliminación de …

Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)
#brigadasdeseucaliptizadoras
O domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolareque ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.
https://www.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/

3 weeks, 6 days ago
**12 meses, 12 saberes: 27 de …

12 meses, 12 saberes: 27 de abril en Zamáns (Vigo)

Este mes dedicámolo á identificación de herbas e usos.
O roteiro será en Zamáns, unha parroquia do rural vigués onde os prados que rodean as instalacións da Universidade de Vigo presentan unha grande diversidade de plantas.
Inscríbete: https://www.verdegaia.org/wp/12-meses-12-saberes-27-de-abril-en-zamans/

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 7 months, 2 weeks ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 1 month ago

Last updated 5 months ago