Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui
Last updated 1 year, 1 month ago
Объективный взгляд из Европы на события в Украине.
Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]
Last updated 3 months, 3 weeks ago
Last updated 11 months, 2 weeks ago
*?*?Menos emprego do prometido, máis eucalipto e riscos: duro informe do Consello da Cultura sobre Altri**. Unha decena de persoas expertas elaboran para o CCG un documento tan amplo coma crítico sobre a fábrica de celulosa que Altri promove da man da Xunta e Greenalia. Estima que xeraría uns 550 empregos na economía galega, 281 directos, cifras "moi inferiores ás anunciadas" pola compañía, que fala de medio milleiro directos e uns 2.000 indirectos. Advirte de que "non sería posible abastecer a nova planta sen incrementar substancialmente a área ocupada por plantacións de eucalipto en Galicia" ou, no seu defecto, sen importar madeira https://praza.gal/economia/menos-emprego-do-prometido-mais-eucalipto-e-riscos-duro-informe-do-consello-da-cultura-sobre-altri
Praza Pública
Menos emprego do prometido, máis eucalipto e riscos: duro informe do Consello da Cultura sobre Altri - Praza Pública
Unha decena de persoas expertas elaboran para o CCG un documento tan amplo coma crítico sobre a fábrica de celulosa que Altri promove da man da Xunta e Greenalia. O documento estima xeraría uns 550 empregos totais na economía galega, 281 deles directos, cifras…
7 de setembro: eliminación de acacia na ribeira do Ulla (Carcacía, Padrón)
A atividade forma parte da iniciativa CAPRIF-CC
As #BrigadasDeseucaliptizadoras estréanse o sábado 7 de setembro na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido, da parroquia de Carcacía (Padrón). Nesta primeira xornada eliminaremos acacia na ribeira norte do río Ulla, espazo da Rede Natura 2000, perto do Miradoiro deu Lapido.
A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola.
https://www.verdegaia.org/wp/7-de-setembro-eliminacion-de-acacia-na-ribeira-do-ulla-carcacia-padron/
Actividade de restauración ambiental no río Fonteliño
O sábado 7 de Setembro volvemos ao Fonteliño (río Couso, Porriño) para continuar coas actividades de restauración ambiental.
Retomando as actividades periódicas, este sábado aproveitaremos que o río nesta época leva pouca auga para actuar nas zonas que habitualmente son de acceso máis complicado.
Data: sábado 7 de Setembro, de 10:30 a 12:30h.
Inscríbete: https://www.verdegaia.org/wp/actividade-de-restauracion-ambiental-no-rio-fontelino/
12 meses, 12 saberes nas Gándaras de Budiño o pasado sábado 31 de agosto
Este fin de semana visitamos as Gándaras de Budiño, dentro do programa de roteiros que realizamos en 2024.
Un espazo que sempre nos sorprende cos seus atractivos que fan desta zona tan especial.
Aínda así, e a pesar de ser un espazo natural protexido, as Gándaras de Budiño enfróntanse a certa xente que está nas antípodas dos principios que defendemos en Verdegaia. Esta mesma semana presentaremos denuncia no Seprona polo vertido de entullo e instaremos á administración competente para eliminar os pés de Herba da Pampa que van agromando antes de que infesten toda a zona.
En Setembro iremos a Cangas para unha andaina na que observaremos aves de costa, anímaste?
Fotografías do roteiro: https://www.verdegaia.org/wp/12-meses-12-saberes-nas-gandaras-de-budino-o-pasado-sabado-31-de-agosto/
Retómanse as mobilizacións organizada pola Coordinadora Galega de Apoio a Palestina: Asociación Galaico-Árabe Jenin, Galiza por Palestina e Mar de Lumes, contra o xenocidio en Gaza
Roteiro nas Gándaras de Budiño, sábado 31 de agosto
12 Meses, 12 Saberes – Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
O sábado 31 de agosto imos realizar un roteiro nas Gándaras de Budiño, un espazo natural catalogado como ZEC (Zona de especial conservación) que constitúe unha das principais concentracións de lagoas do país.
Ao longo de 3,5 quilómetros, nun paseo de dificuldade baixa, percorreremos a zona limítrofe entre os concellos do Porriño e de Salceda de Caselas, onde poderemos observar diversos hábitats prioritarios como os bosques asolagados e os prados higrófilos.
Inscríbete: https://www.verdegaia.org/wp/roteiro-nas-gandaras-de-budino-sabado-31-de-agosto/
Chamado de acción urxente en Ferrol contra o xenocidio en Gaza.
Concentración en Ferrol contra envío de barcos espanhois de apoio ao xenocidio que o estado terrorista de israel comete na palestina. Concentración na praza vella de ferrol, venres 23 de agosto ás 11h.
Non deixes de asistir e participar nas últimas actividades do mes de agosto das #brigadasdeseucaliptizadoras
? 24 de agosto: eliminación de acacia no monte da Cruz do Avelán (Dodro)
https://www.verdegaia.org/wp/24-de-agosto-eliminacion-de-acacia-no-monte-da-cruz-do-avelan-dodro/
? Bioblitz, xornada de ciencia cidadá en Baroña o domingo 25 de agosto
https://www.verdegaia.org/wp/bioblitz-xornada-de-ciencia-cidada-en-barona-o-domingo-25-de-agosto/
Lembra inscribirte antes do 23 de agosto!
14 e 16 de xuño: As #BrigadasDeseucaliptizadoras#BrigadasDesacaciadoras chegan ao Courel para eliminar acacias
Logo do aterrador incendio de 2022 que arrasou máis de 12.000 hectáreas no Courel é o momento de actuar para evitar a propagación de focos de acacia que aumentaron a súa presenza neste espazo singular. Por iso, os días 14 e 16 de xuño as Brigadas desembarcan no Courel. Ambas as dúas actividades encádranse no proxecto “Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”.
Actividades enmarcadas dentro do II Encontro Burla Verde
https://www.verdegaia.org/wp/14-e-16-de-xuno-as-brigadas-chegan-ao-courel-para-eliminar-acacias/
Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui
Last updated 1 year, 1 month ago
Объективный взгляд из Европы на события в Украине.
Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: [email protected]
Last updated 3 months, 3 weeks ago
Last updated 11 months, 2 weeks ago