Dive into the Ultimate Free Library: Your One-Stop Hub for Entertainment!

A Mesa pola Normalización Lingüística

Description
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Advertising
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 7 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 2 weeks, 6 days ago

Last updated 4 months, 3 weeks ago

1 month, 2 weeks ago
**Mestres non funciona Telegram** ***💬***

Mestres non funciona Telegram 💬

Queremos que sigas toda a actualidade do galego día a día e do activismo a prol da lingua a través da nosa canle de Whatsapp.

🔗 Ver canle: i.gal/whatsappamesa

1 month, 3 weeks ago
**Dende aquí até acolá, galego xa**

Dende aquí até acolá, galego xa

O Correlingua volverá encher Galiza da reclamación festiva do uso do galego en todos os ámbitos, pero especialmente entre o alumnado 💙👅

Desenvolverase en once localidades no vindeiro mes de maio e en cada unha delas participarán alumnas e alumnos dos centros da súa contorna.

🎶 Concertos, festas, regueifas, obradoiros, concursos son o centro dunha actividade que este ano acada a súa vixésimo cuarta edición.

🔗 Saber máis en amesa.gal

1 month, 3 weeks ago
***❌*** **SUSPENSO POR CONTESTAR EN GALEGO**

SUSPENSO POR CONTESTAR EN GALEGO

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que un alumno da UNED foi castigado por respostar preguntas dun exame en galego.

Agardamos que o responsable tome, á maior brevidade, as medidas precisas para resolver esta situación e evitar que se repita no futuro.

🔗 Saber máis en amesa.gal

- A Mesa -

3 months, 3 weeks ago
***📺*** **AÍ VÉN O XABARÍN** ***📺***

📺 AÍ VÉN O XABARÍN 📺

Levamos moito tempo esperando a enviarche esta mensaxe, a Iniciativa Xabarín é unha realidade.

Despois de que A Mesa lanzase a campaña hai máis de 3 anos, a CRTVG comeza a cumprir o acordo aprobado por unanimidade polo Parlamento galego en maio de 2021.

A plataforma dixital incorpora 1.400 contidos en galego que o público poderá gozar en aberto a través da web xabarin.gal ou a aplicación.

📲 DESCARGAR EN GOOGLE PLAY OU APPLE STORE.

Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Un chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
• Unha mensaxe de Whatsapp.

- A Mesa -

4 months, 3 weeks ago
**O APALPADOR QUERE XABARÍN**

O APALPADOR QUERE XABARÍN

Acompaña o Apalpador este 22 decembro para reclamarlle ao presidente da Xunta, que se cumpran os acordos aprobados polo Parlamento sobre os contidos televisivos en galego para público infantil.

O evento será:
🗓️ 22 de decembro
12:00h
📌 Praza do Obradoiro

«Sr. Rueda, este Nadal, queremos Xabarín»

🎶 Contaremos coa actuación do cantautor Roberto Sobrado.

Axúdanos a difundir o evento compartindo o cartaz:
DESCARGAR para imprimir.
DESCARGAR para redes.
DESCARGAR para subir a historias.

4 months, 4 weeks ago
***🎄*** **CATÁLOGO DE NADAL** ***🎄***

🎄 CATÁLOGO DE NADAL 🎄

A Mesa lanza un extenso catálogo con centos de propostas de agasallos de Nadal en galego.

📕 Distribúese impreso de xeito gratuíto e na nosa web, para recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico.

🔗 Podes descargar o catálogo en: www.amesa.gal/noticias/a-mesa-lanza-un-extenso-catalogo-con-centos-de-propostas-de-agasallos-de-nadal-en-galego-2

6 months ago
[**OFICIALIDADE DO GALEGO**](https://www.amesa.gal/noticias/mais-de-30-representantes-piden-que-o-galego-sexa-oficial-na-union-europea/)***🇪🇺***

OFICIALIDADE DO GALEGO🇪🇺

Máis de 30 representantes piden aos Estados membros que voten “si” ao recoñecemento da lingua galega como oficial da Unión Europea, salientando que o galego é garantía de futuro, de existencia digna e próspera como pobo.

👉 Para afrontar o futuro en todos os ámbitos precisamos o apoio e protección que as regulacións europeas dan ás linguas oficiais da Unión Europea.

✍️ Queremos contar coa túa sinatura nesta Carta Aberta: i.gal/J1OEZ

**Poderase asinar até o 15 de novembro.

Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Un chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
• Unha mensaxe de Whatsapp.

- A Mesa -

6 months, 1 week ago
Sabemos que moita xente xa está …

Sabemos que moita xente xa está aproveitando para facer as compras de Nadal 🎄 Lembra que coas túas compras podes apoiar aqueles comercios que apostan pola nosa lingua.

📲 Consulta os comercios de Abertos ao Galego.

🔗 amesa.gal/abertosaogalego

6 months, 2 weeks ago
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia …

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta deturpa a toponimia galega na versión en castelán do Estatuto de Autonomía.

Ademais de que os principais buscadores derivan principalmente, e de forma predeterminada, ás opcións web que están en castelán e non en galego.

🔵 A Liña do Galego é un servizo gratuíto que ofrece A Mesa e co que poderás tramitar consultas, queixas e parabéns a quen dea pasos cara o galego.

Están vulnerando os teus dereitos lingüísticos e queres tramitar unha queixa? Utiliza a Liña do Galego ✌️

☎️ Chamando ao 981563885
📲 Descarga a app: i.gal/app-linha
📧 Envíanos un correo á linhadogalego@amesa.gal

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 7 months ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 2 weeks, 6 days ago

Last updated 4 months, 3 weeks ago