Partido Comunista de Galicia

Description
Canle de información do PCG.
We recommend to visit

ကြော်ငြာထည့်သွင်းလိုပါက 👇
@sithuaung2006

Last updated 2 years, 10 months ago

1 year, 8 months ago
***?*** Que non nos enganen! **Gadis …

? Que non nos enganen! Gadis pretende ser "pobo", pero actúa coma calquera gran empresa capitalista: maximiza beneficios explotando traballadoras, incumprindo descansos e negando negociacións salariais.

? O capitalismo supón:
✔️ Beneficio do patrón.
✔️ Empobrecemento da clase obreira.

A loita polo salario non é só económica, é unha loita antagónica contra o capital. A saída? Organizarnos nos centros de traballo e a través dos sindicatos.

?✍️ É tempo de defender a dignidade fronte ao lucro. ?

1 year, 8 months ago
***?*** **Colapso na Sanidade Pública Galega** …

? Colapso na Sanidade Pública Galega ?

? 220.000 persoas agardan por unha consulta médica en Galicia.
? Ourense lidera o colapso, con 141,8 días de espera no CHUO para unha consulta e 300 días para Rehabilitación.
? A espera para cirurxías no CHUO é de 81,8 días, superando a media galega.

? Este colapso non é casualidade. É a consecuencia dun modelo que desmantela o público para beneficiar o privado. Se o Sergas non funciona, as clínicas privadas fan caixa.

A saúde non é un negocio, é un dereito!

? Queremos unha sanidade pública eficaz, digna e áxil!

1 year, 8 months ago
*****?*** NON É UN CASO ILLADO!**

*? NON É UN CASO ILLADO!*

A condena de 60.000 euros a Adolfo Domínguez por sobrecargar de traballo a unha empregada é só un exemplo do que sucede en todo o sector téxtil de Galicia. Empresas como Inditex, STL e Bimba y Lola tamén teñen estas prácticas abusivas, incumprindo horarios, lexislación laboral e perseguindo ata despois de deixar a empresa ás persoas que denuncian.

*? Non hai conciliación posible: ou o beneficio do patrón ou a dignidade obreira! ?***

2 years, 1 month ago
***?*** **25 de xullo: sexamos soberanos …

? 25 de xullo: sexamos soberanos da nosa industria. Tomemos o control da economía. ?

Neste Día Nacional de Galicia, cuestionamos o modelo capitalista como solución aos problemas da clase obreira galega. ?? As políticas de industrialización baseadas en promesas incumpridas e o desmantelamento de sectores industriais demostraron ser insostibles e insensibles ás necesidades locais. ?

O Proxecto GAMA de Altri é un exemplo claro deste modelo erróneo, coas súas graves consecuencias ambientais e sociais. ?⚠️

O programa económico do PCG, aprobado no XV Congreso, propón unha alternativa sólida para un desenvolvemento industrial equilibrado e sustentable. Promovemos a creación de empresas públicas, a recuperación do sector naval, a nacionalización das hidroeléctricas e o fomento das enerxías limpas. ??

É tempo de deixar atrás o modelo depredador e adoptar unha industrialización que priorice o benestar da clase obreira e o medio ambiente. ?

? Le o artigo completo aquí.

2 years, 4 months ago

?? Mañá sábado por toda Galicia volvemos reclamar a fin da acción armada e xenocida do Estado de Israel sobre o pobo palestino.

????A connivencia dos gobernos occidentais, incluído o Estado Español, que cunha man denuncia e coa outra continúa a vender armas a Israel, é a derradeira evidencia da falta real de compromiso cos dereitos humanos cando se trata dos aliados dos EEUU.

? Acode á concentración na túa vila máis próxima.
Vémonos nas rúas!

We recommend to visit

ကြော်ငြာထည့်သွင်းလိုပါက 👇
@sithuaung2006

Last updated 2 years, 10 months ago