ကြော်ငြာထည့်သွင်းလိုပါက 👇
@sithuaung2006
🌾 25 de xullo: sexamos soberanos da nosa industria. Tomemos o control da economía. 🌾
Neste Día Nacional de Galicia, cuestionamos o modelo capitalista como solución aos problemas da clase obreira galega. 🚫💼 As políticas de industrialización baseadas en promesas incumpridas e o desmantelamento de sectores industriais demostraron ser insostibles e insensibles ás necesidades locais. ❌🏭
O Proxecto GAMA de Altri é un exemplo claro deste modelo erróneo, coas súas graves consecuencias ambientais e sociais. 🌱⚠️
O programa económico do PCG, aprobado no XV Congreso, propón unha alternativa sólida para un desenvolvemento industrial equilibrado e sustentable. Promovemos a creación de empresas públicas, a recuperación do sector naval, a nacionalización das hidroeléctricas e o fomento das enerxías limpas. 🚢💡
É tempo de deixar atrás o modelo depredador e adoptar unha industrialización que priorice o benestar da clase obreira e o medio ambiente. 🌟✊
📖 Le o artigo completo aquí.
?? Mañá sábado por toda Galicia volvemos reclamar a fin da acción armada e xenocida do Estado de Israel sobre o pobo palestino.
????A connivencia dos gobernos occidentais, incluído o Estado Español, que cunha man denuncia e coa outra continúa a vender armas a Israel, é a derradeira evidencia da falta real de compromiso cos dereitos humanos cando se trata dos aliados dos EEUU.
? Acode á concentración na túa vila máis próxima.
Vémonos nas rúas!
ကြော်ငြာထည့်သွင်းလိုပါက 👇
@sithuaung2006