Notas de Prensa - Concello de Ourense

Description
https://ourense.gal/gl/rss/salaprensa/
Advertising
We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 3 months ago

Last updated 1 year, 1 month ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 4 weeks, 1 day ago

1 month, 1 week ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal

O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a petición realizada por comerciantes do barrio da Ponte, solicitou á Xunta de Galicia que aprazase o peche desta rúa para a execución de obras, que a administración autonómica tiña previsto levar a cabo desde o vindeiro luns, día 9, até o venres, 20 de decembro, no marco do proxecto do eixo de mobilidade sostible entre a estación intermodal e a Ponte Vella.

O rexedor demandaba adiar o corte de tráfico ao día 7 de xaneiro, coa finalidade de evitar prexuízos ao sector comercial, durante un dos seus períodos máis importantes de actividade e vendas do ano, evitar dificultades na organización do tráfico, non ocasionar molestias no tránsito peonil da zona, especialmente intenso durante estas datas, e facilitar o axeitado desenvolvemento das actividades previstas para a celebración do Nadal.

A Xunta de Galicia atendeu esta solicitude e comunicoulle hoxe ao Concello que atende esta petición, polo que se apraza o corte de tráfico.

1 month, 1 week ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense.

  • Máis información na nota de prensa: XGL 241205
1 month, 1 week ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O Concello pon á venda hoxe ás 12.00 h as entradas para os espectáculos de Papá Noel e Perseidas no Auditorio

O Concello de Ourense pón á venda as entradas para o espectáculo de Papá Noel que representará a compañía de Pablo Méndez o día 23 de decembro no Auditorio, dentro da programación de actividades do Nadal 2024.

Serán 3 sesións, ás 17.00 h, ás 18.15 h e ás 19.30 h e as entradas, a un prezo de 5 euros, poderanse adquirir desde hoxe, xoves, 5 de decembro ás 12.00 horas en www.ataquilla,com

Tamén hoxe á mesma hora sairán á venda as entradas para outra das citas da programación de Nadal na cidade, o espectáculo Perseidas, da compañía de Pablo Méndez. A actuación do coñecido como “O Circo do Sol galego” será o domingo, 29 de decembro ás 19.00 horas no Auditorio, con entradas desde 10 euros.

1 month, 2 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O Tribunal de Contratación Pública de Galicia esixe pequenos cambios na licitación do servizo de autobús municipal

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia esixiu pequenos cambios na licitación do servizo de transporte municipal de Ourense. En 2 resolucións, 178 e 179/2024, do 29 de novembro de 2024, en resposta a outros tantos recursos presentados por empresas interesadas, require o Concello modificar 3 cuestións moi concretas dos pregos de contratación.

O Concello de Ourense non recorrerá as resolucións para non demorar a licitación do contrato, segundo avanzou o goberno municipal, quen advirte que as correccións que se deberán realizar son “sinxelas”, e que “se volverá abrir prazo de presentación de ofertas a próxima semana, incluíndo xa correccións requiridas polo Tribunal”.

As 2 resolucións do tribunal requiren realizar 3 correccións concretas que afectan a:

a) Un erro de redacción en canto á localización da nave – cocheira, ao prever que, ademais de en Ourense, poida establecerse en "municipios limítrofes". En consecuencia, deberá corrixirse o prego para incluír "municipios próximos", mantendo o criterio do prego de que a nave estea a unha distancia máxima de 10 km. por estrada do límite do termo municipal.

b) Un erro consistente en non incluír no orzamento de gastos de persoal o incremento de custo de Seguridade Social derivado do mecanismo de equidade interxeracional.

c) Un erro na redacción da fórmula de valoración da oferta económica. Segundo o Tribunal, non deixaba claro se se puntuarían as diferenzas entre ofertas que se expresen en números decimais e non enteiros. Porén, cómpre destacar que o Tribunal non fai ningún reproche á fórmula de valoración, só pide que a redacción sexa máis clara.

Aínda que estas dúas resolucións poderían interpretarse como algo negativo, conteñen tamén dúas boas noticias, segundo manifesta o goberno municipal.

Por unha banda, explica que “os 2 recursos presentados cuestionaban 15 aspectos diferentes relativos aos pregos. O Tribunal rexéitaas todas, dándolle a razón ao Concello, excepto nesas 3 cuestións que se indicaron. En particular, os motivos máis graves - que dabamos un trato de favor á actual empresa prestadora do servizo ou que o orzamento era irreal - foron rotundamente rexeitados polo Tribunal, o que avala, no esencial, a corrección dos pregos (salvo eses pequenos erros)”.

A isto engade o goberno local que “a corrección dos erros indicados é sinxela, e realizarase polo Concello o máis axiña posible, abrindo un novo prazo de presentación de ofertas, se é posible xa a próxima semana. Deste xeito, a licitación - aínda que cun atraso que pode estimarse nun mes e pico - continuará adiante”, aseguran.

Por estes motivos, conclúe o goberno municipal que “aínda que o Concello tería a posibilidade de recorrer a decisión do Tribunal, que nos parece excesivamente rigorosa (xa que os erros indicados son discutibles e poderían salvarse por vía interpretativa) non o imos a facer, para non demorar máis a adxudicación do novo contrato, que esperamos permita continuar mellorando este servizo esencial para os cidadáns."

1 month, 2 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A Policía Local reforza a seguridade durante a campaña do Nadal co operativo "Comercio Seguro"

A Policía Local do Concello de Ourense poñerá en marcha o dispositivo "Comercio Seguro" co obxectivo de mellorar a seguridade cidadá durante as festividades do Nadal. Este operativo centrarase nas zonas do centro urbano, áreas de lecer e espazos de grande afluencia, coincidindo cun período no que se espera un incremento significativo de visitantes. Ademais, implementaranse restricións temporais de circulación en diversas rúas céntricas da cidade.

Eventos como o Black Friday, o acendido das luces do Nadal e outras actividades da tempada implicarán unha grande concorrencia, polo que a Policía Local mobilizará recursos para garantir a seguridade. En caso de incidencias, contarase co apoio de servizos de emerxencia como ambulancias, Protección Civil e o corpo de Bombeiros.

Con este conxunto de medidas, o Concello busca garantir unha contorna segura para que todos e todas poidan gozar do Nadal en Ourense, explica o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Fernández.

Resultados e valoración do dispositivo

Desde a súa instauración, este plan demostrou a súa eficacia, recibindo unha valoración positiva por parte de asociacións de comerciantes, pequenas e medianas empresas do sector e cidadanía en xeral. A implementación do dispositivo contribuíu a reducir o risco de actos delituosos e foi recoñecida pola rapidez e eficiencia nas intervencións.

O concelleiro de Seguridade Cidadá destacou a importancia destas medidas, cualificándoas como esenciais para protexer tanto a cidadanía como o comercio local nun momento de alta afluencia. Segundo Fernández, unha parte do dispositivo xa está activa e todas as medidas serán de carácter transitorio.

Accións preventivas e colaboración cidadá

O operativo inclúe vixilancia específica en zonas comerciais mediante patrullas a pé e presenza de vehículos policiais, ademais do reforzo de seguridade durante eventos multitudinarios. Estas accións están aliñadas coas directrices da Subdelegación do Goberno e as instrucións do Ministerio do Interior, no marco da alerta antiterrorista de Nivel 4 vixente no país.

A Policía Local fai un chamamento á colaboración cidadá para asegurar o éxito do dispositivo e comprométese a informar os comercios e veciños afectados por cambios na circulación ou o transporte de mercadorías.

Prevención de delitos e consellos de seguridade

Como parte do plan "Comercio Seguro 2024/2025", traballarase na prevención de delitos como furtos, roubos con violencia, roubos con forza e fraudes, tanto para comerciantes como para os seus clientes. Así mesmo, promoveranse recomendacións para realizar compras seguras e gozar dos eventos do Nadal sen riscos:

  1. Levar bolsos, carteiras ou mochilas na parte dianteira e ben pechados.

  2. Evitar portar grandes sumas de diñeiro en efectivo e só levar a documentación imprescindible.

  3. Manterse alerta ante comportamentos sospeitosos.

  4. Vixiar de preto nenas e nenos e proporcionarlles unha pulseira identificativa ou instruílos sobre que facer se se perden.

  5. Non mostrar á vista obxectos de valor como teléfonos móbiles ou cámaras.

  6. Non descoidar as pertenzas en ningún momento.

  7. Gardar carteiras ou móbiles en petos dianteiros con peche ou en petos internos.

  8. Ter precaución con persoas descoñecidas que tenten distraer a atención.

  9. Ter coidado ao retirar diñeiro en caixeiros automáticos.

  10. Revisar as pertenzas despois de estar nunha aglomeración.

1 month, 2 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
Reabre ao tráfico o treito superior da rúa Bedoya, logo das obras executadas polo Concello

O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, volve estar aberto ao tráfico rodado desde esta mañá logo das obras de canalización e asfaltado executadas polo Concello.

1 month, 3 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional dun tramo da feira

A execución dos traballos da senda peonil que cruza a cidade, chega á zona do Parque Barbaña. Isto vai afectar á feira desta zona, que se desenvolve os días 7, 17 e 26 de cada mes.

Desta maneira, o Concello trasladará os postos de venda ambulante, que habitualmente se instalan no paseo do Barbaña, cara ao entorno da Praza de Abastos e a zona da pista deportiva do Parque Barbaña, tal e como se indica no plano que se achega. Ademais, habilitarase a rúa Clara Campoamor para estacionamento de vehículos.

Esta modificación xa lle afectará á feira do vindeiro martes 26 de novembro e ten previsto ter unha duración dun mes e medio.

Plano de localización provisional da Feira

1 month, 3 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O alcalde de Ourense asiste á inauguración do LIII Congreso anual da Sociedade galega de Reumatoloxía (SOGARE)

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, asistiu esta mañá á apertura do 53 Congreso da Sociedade Galega de Reumatoloxía (SOGARE). O alcalde xunto con Rosendo Fernández, presidente do Inorde, e Rafael Melero, reumatólogo e presidente do comité organizador, presidiu a apertura do congreso que se desenvolverá entre hoxe e mañá, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A continuación tivo lugar a Xornada do Paciente Reumático dirixida a pacientes, asociacións e familiares; a reunión científica dirixida a todos os reumatólogos galegos e á que asisten representantes de todos os hospitais de Galicia ao longo do venres pola tarde e o sábado pola mañá e, finalmente, o taller para enfermería especializada en reumatoloxía.

Así mesmo e para agasallar os profesionais desprazados doutras cidades de Galicia, o Concello organiza unha visita guiada mañá sábado, unha vez rematado o congreso, polos lugares de  máis interese do centro histórico de Ourense.

1 month, 3 weeks ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da área de Artes e Festexos 2024-2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión de hoxe o Plan estratéxico de subvencións da Área de Artes e Festexos para o período 2024-2026. Tamén lle deu o visto e prace ás bases reguladoras do certame infantil de debuxo da postal de Nadal 2024, que convoca a Concellería de Educación, dirixido a alumnas e alumnos de 6º de Primaria. Na sesión ordinaria desta semana, aprobáronse un total de 21 acordos.

Licenzas (2). Conceder unha licenza para o proxecto básico de rehabilitación dunha edificación e a reforma de zonas comúns entre 2 edificacións na rúa Vicente Risco; e unha prórroga por 1 ano, da licenza urbanística de obra para o proxecto de reforma interior dunha vivenda na rúa As Lagoas.

Patrimonio (7) A Xunta Local deu conta de 5 reclamacións de responsabilidade patrimonial. Catro delas desestímanse, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e sobre a quinta solicitaráselle un ditame ao Consello Consultivo de Galicia. Tamén se acordou estimar a solicitude de 2 particulares e recoñecer que un terreo na Granxa (Cudeiro) non é de titularidade municipal. Ademais, o Concello requiriralle a unha aseguradora que pague 650,52 euros en concepto de indemnización polos danos ocasionados por un vehículo nun banco de pedra na estrada de Santa Mariña.

Rehabilitación (1). Rectificar un acordo da sesión extraordinaria da Xunta de goberno local do 8 de novembro de 2024.

Infraestruturas (1) Recoñecer a obriga a favor dunha mercantil por importe de 40.825,00 euros correspondentes á certificación núm. 14 das obras de mellora das rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya.

Artes e Festexos (1) Aprobar o Plan estratéxico de subvencións da Área de Artes e Festexos do Concello de Ourense para o período 2024-2026, e ordenar a súa publicación na sede electrónica e na web do Concello.

Educación (1) Aprobar as bases reguladoras do certame infantil de debuxo da postal do Nadal 2024. Poderán participar os alumnos e as alumnas de 6º curso de Educación Primaria dos centros de ensino da cidade. Deberán plasmar nun debuxo os seus sentimentos e ideas acerca do Nadal, representando o que lles resulte máis significativo en relación con estas festas.

Os debuxos presentaranse en formato A-4. A técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes e os debuxos grandes, para que destaquen unha vez impresa a postal no papel. O prazo de presentación de traballos rematará o 29 de novembro ás 14.00 horas. A clase gañadora recibirá material didáctico (por un importe aproximado de 200 €) e o neno ou nena un lote de libros (importe aproximado de 100 €) e a impresión da postal que servirá de felicitación de Nadal do Concello de Ourense.

Avogacía Consistorial (8) A Xunta de Goberno deu conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, dunha sentenza e dun auto ditados polo número 2, e dunha sentenza do Xulgado do Penal número 2. Tamén deu conta dunha providencia do Tribunal Supremo e dunhas dilixencias previas que se seguen perante do Xulgado de Instrución número 1 por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en 2 procedementos abreviados

2 months ago

RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense
O Concello súmase ás actividades organizadas pola asociación Auria polo Día Mundial da Diabetes

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e concelleiras e concelleiros de diferentes grupos municipais asistiron esta mañá á inauguración da carpa conmemorativa instalada pola Asociación Diabética Auria na rúa do Paseo, xunto ao centro cultural Angel Valente, con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes. O lema da celebración é “A diabetes e o benestar: para unha mellor vida con diabetes, miremos máis alá da glucemia".

We recommend to visit

Canal oficial da juliana Cantoria do bonde do forró fotos exclusivas aqui

Last updated 1 year, 3 months ago

Last updated 1 year, 1 month ago

Объективный взгляд из Европы на события в Украине.

Сайт: https://golos.eu
Видеоканал: https://golos.eu/youtube
Рассылка новостей: https://golos.eu/subscribe/
Для связи: info@golos.eu

Last updated 4 weeks, 1 day ago